GC Aberto

A inmolación do PSOE

O devezo do PSOE en repetir os comicios para aniquilar a Podemos, é unha manobra de alto risco que mais que garantirlle a hexemonía na esquerda, por empacho electoral, achandaría o acceso ao poder do triunvirato das dereitas.

Por galdo1950 (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 05/09/2019

Comparte esta noticia

Declaración institucional de Pedro Sánchez para comunicar a data das próxim. Óscar do Pozo - Europa Press
Declaración institucional de Pedro Sánchez para comunicar a data das próxim. Óscar do Pozo - Europa Press

Contrariamente ao que se nos conta, desde a España da Transición xamais houbo unha esquerda transformadora con rango executivo, pois desde o primeiro momento do hipotético cambio, o PSOE que teoricamente ostentaba ese espazo ideolóxico, renunciou aos principios fundamentais do seu ideario ,encartándose ás esixencias dos poderes fácticos obstinados en salvagardar a súa influencia no ámbito económico , financeiro, político e institucional para evitar con iso a ruptura co Estado anterior e dese modo continuar exercendo a súa preponderancia na definición dos parámetros da vida política do país.

 

Aspectos como a súa percepción plurinacional de España, ou a súa vocación republicana foron parte do desarmamento político que os socialistas aceptaron na inmodélica Transición ante o empuxe do neoliberalismo dominante. o que lle fixo perder a súa esencia, podendo dicirse por tanto que desde o minuto un daquel proceso o PSOE actuou como un inequívoco referente neoliberal, que nunca como un partido con sensibilidade política de esquerdas, non sendo de estrañar por tanto que o paso da ditadura á democracia non fose máis que unha mudanza do réxime ditatorial anterior.

 

Coa súa actitude o PSOE só mantén cativo as súas siglas históricas a modo de aparencia, pero para nada defende o obxectivo renovador da esquerda real, como tampouco ningunha decisión política que entre en colisión cos intereses do establishment que son quen en verdade seguen marcando a pauta á hora de establecer as relacións de poder do Estado.

 

Cando en época electoral os socialdemócratas finxen discursivamente radicalización de postulados, fano ao só obxecto de suprimir aos seus competidores e tomar con iso rendibilidade nas urnas e así afianzar a súa hexemonía; unha práctica asidua que levan utilizando desde os albores da Transición no seu intento de marxinar a quen se situaba á súa esquerda; un esquema que utilizou de forma iterativa co Partido Comunista e con Esquerda Unida ata reducilos ao ostracismo.

 

Pero máis aló do simulacros, o certo é que pasados os comicios sempre repetiu idéntica política que a levada a termo desde a Transición consistentes en dar continuísmo ao formato neoliberal, que no seu contexto difiren nos substancial dos compromisos programáticos coa cidadanía, e todo a pesar da súa implicación na crise económica de 2008, da súa participación activa na reforma do artigo 135 da Constitución e a tácita conivencia cos brutais recortes ao estado de benestar.

 

É por iso que con tal lastre non se entenda o seu envaidecemento tras os resultados de abril de 2019, cando o certo é que ao goberno por acontecementos dispares co seu proceder político, tal foi o 11 M en 2004 e unha inédita moción de censura en 2018; e se a pesar de tal circunstancia á hora de formar Executivo non é capaz de determinar cales son as opcións que ten ante si, nin recoñece aos suxeitos susceptibles de ser socios estratéxicos, e no canto de establecer alianzas pugna por destruír ou debilitar ao suxeito político da esquerda que contribuíu en enorme medida a facilitarlle o seu acceso ao poder, entón resulta obvio que á súa actitude de desafección tense  de engadir o total desinterese por imprimir un cambio de proceder na pervertida acción política de acompañamento.

 

Coa súa teimuda actitude na formación de goberno o PSOE, máis que optar por cambiar as regras de xogo, está a apostar pola continuidade que representa seguir aplicando como solución as políticas causantes da anómala situación que sofre o país , co agravante engadido que presupón a súa renuncia á conformación de unha alternativa de progreso, unha decisión que por si mesma acabará por frustrar definitivamente a unidade da esquerda, pechando baixo sete chaves toda probabilidade á conformación dun goberno para o cambio.

Quen desde a esquerda queira dar pasos en positivo cara a un novo tempo político, máis aló de deixarse levar por artificios mediáticos e influencias exóxenas ten ha de saber de antemán que o PSOE é alleo a ese ámbito de significación ideolóxica, pois á hora da verdade a súa práctica política é reflexo do fundamentalismo neoliberal e de acatamento ao mandato dos mercados, formulacións diametralmente opostas aos postulados pola esquerda real e progresista, máis proclive a implementar un cambio de modelo que salvagardando o marco de liberdades propicie maiores cotas de prosperidade desde dinámicas de crecemento, e sempre, tendo presente o cumprimento do mandato electoral.

 

Non sendo de recibo por tanto, que a través de subterfuxios e cambalaches e desatendendo a vontade de 11 millóns de electores, o PSOE tente converter as directivas do neoliberalismo na súa razón de goberno.

 

Mais que aferrarse ao seu manual de resistencia, Sánchez debese asumir dunha vez por todas que os tempos do bipartidismo son unha parte da historia que non volverá, e que na súa guerra hexemónica contra Unidas Podemos non logrará máis que o seu propio suicidio nas urnas

 

 

 

 

 

 

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta