Navantia busca enxeñeiro informático sen titulación

O Colexio de Enxeñaría Informática critica que a empresa non inclúa a obriatoriedade da titulación nunha oferta de emprego de analista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2019 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) criticou que a empresa pública Navantia non inclúa a titulación de Enxeñaría en Informática no litado de formación regulada dos requisitos dunha oferta pública de analista de dirección financeira en Madrid.

Así o denunciou o colexio nun comunicado, no que acusan a esta entidade naval do Grupo SEPI de vulnerar o establecido na Lei 40/2015 do sector público na que, conforme sinalou, se especifica que "o resto do persoal será seleccionado mediante convocatoria pública baseada nos principios de igualdade, mérito e capacidade".

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia lembra que presentou hai uns meses un escrito ante o Ministerio de Facenda no que solicitaba a rectificación desta oferta, destinada a cubrir un posto con funcións para proporcionar solucións eficaces para as necesidades de análises de datos e xestión de procesos sobre o sistema de información de Navantia.

Para optar ao posto, conforme sinalou, os candidatos deben manexar ferramentas informáticas e uso de volumes elevados de datos, ademais de valorar positivamente o coñecemento a nivel usuario de SAP, ferramentas de xestión de proxectos, financeiras ou contables.

O colexio indicou que, na resposta de Navantia ao escrito, só se di que se admiten todo tipo de titulacións e que todas as candidaturas serán tidas en conta para o posto. Con todo, considerou que esta postura "non evita o prexuízo que se lles causa aos colexiados enxeñeiros en Informática, que ao descoñecer que poden optar ao posto deciden non presentarse".

Teclado dun ordenador
Teclado dun ordenador

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta