Convocada unha cadea humana nas Pontes pola CIG en rexeitamento á "farsa" da transición xusta

Nun comunicado, a organización sindical denuncia "o proceso de dura reconversión que sofre a localidade sen que a día de hoxe existan alternativas reais para a reindustrialización e a creación de emprego".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2025 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia



A CIG chamou a participar nunha cadea humana simbólica ao redor do Concello das Pontes o vindeiro xoves, día 10 de xullo, ás 20,00 horas para mostrar o seu rexeitado á "farsa" da transición xusta.

Nun comunicado, a organización sindical denuncia "o proceso de dura reconversión que sofre a localidade sen que a día de hoxe existan alternativas reais para a reindustrialización e a creación de emprego".

"As Pontes é a zona cero da destrución industrial de Galicia", censura o sindicato, que sostén que "dous anos despois de autorizarse o peche da central térmica, non existe nin un só proxecto industrial en marcha a pesar das múltiples promesas e anuncios realizados polo Executivo estatal, a Xunta e o propio goberno municipal".

"Pero a realidade é unha constante destrución do emprego industrial e unha crise socioeconómica marcada pola perda de poboación, a caída de xente nova e da afiliación á Seguridade social, desvalorización do salario medio, peches no comercio e a hostalaría, etc.", indicou.

A organización sindical censura que "máis aló da propaganda non existe ningún plan industrial nin concurso de transición xusta" e que "Endesa vaise co apoio do Goberno, a Xunta e o Concello", "marcando os tempos e sen asumir ningunha responsabilidade".

Ademais, sinala que, para "profundar aínda máis nesta crise", Einsa Print comunicou a súa pretensión de pechar a actividade de artes gráficas "coa gravidade e o simbolismo de ser a primeira empresa en instalarse no Polígono de Penapurreira" no marco do plan de desenvolvemento asinado en 1997.

Situación da mina das Pontes cando estaba na súa máxima actividade
Situación da mina das Pontes cando estaba na súa máxima actividade | Fonte: Remitida FP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta