Unha clínica de Santiago, condenada a pagar 2.600 euros por causar queimaduras a unha muller nun tratamento estético

A afectada someteuse a un tratamento de redución de graxa mediante aplicación de frío nun centro de Clínicas Beleq S.L.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2019 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

Unha sentenza do xulgado de primeira instancia de Santiago de Compostela condenou a unha clínica ao pago dunha indemnización de máis de 2.600 euros tras provocarlle queimaduras a unha usuaria durante a mala administración dun tratamento estético.

Clínicas Beleq.
Clínicas Beleq.

A afectada, asociada da Unión de Consumidores de Galicia, someteuse a un tratamento de redución de graxa mediante aplicación de frío nun centro de Clínicas Beleq S.L. situado no centro comercial das Cancelas.

Durante a sesión, indica a entidade, a usuaria advertiu aos técnicos da clínica de dor e molestias, que foron ignoradas. Debido a iso, tivo que acudir a urxencias o mesmo día, onde lle diagnosticaron unha queimadura por frío con abrasión, hematoma e traumatismo.

A UCGAL engadiu ademais que a publicidade do centro sobre o tratamento a define como unha técnica non invasiva mediante a aplicación de frío de forma controlada e que non require de tempo de recuperación. Así mesmo, "en ningún momento" se lle facilitou á afectada a existencia de riscos, efectos secundarios ou posibilidade de lesións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alexandre__

Esta é unha clínica próxima á que levamos o meu marido e eu e debo dicir que se trata dunha traxedia moi común que se resolve facilmente, ENSINANDO AOS EMPREGADOS BEN COMO FACER O TRABALLO ... parece sinxelo pero da xente que non o fai semana estudou o tema é moi grande...!!