Dezasete empresas presentan ofertas para a segunda fase da mellora da PO-235 na Lama

As obras permitirán rectificar as curvas de menor radio, estender unha nova capa de rodaxe en todo o tramo e facer unha drenaxe transversal da plataforma.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2019 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

Un total de 17 empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras da segunda fase de mellora na estrada autonómica PO-235, ao seu paso polo municipio pontevedrés da Lama, que ten un investimento de máis de 1,5 millóns de euros.

Esta actuación, segundo informa a Xunta, ten por obxecto ensanchar esta estrada autonómica no tramo comprendido entre Antas, no punto quilométrico 11+870, e Seixido, no 18+000. Durante a primeira fase, finalizada en outubro de 2018, realizáronse melloras no tramo máis próximo a Seixido, ao longo de máis de 2 quilómetros. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou a contratación das segunda fases no verán e prevé o levantamento de actas previas no terceiro trimestre de 2019.

As obras permitirán rectificar as curvas de menor radio, estender unha nova capa de rodaxe en todo o tramo e facer unha drenaxe transversal da plataforma. Ademais, está proxectado o tendido e revestimento das cunetas, o que se completará coa disposición de sinalización horizontal, vertical e o balizamento. Nas dúas fases de mellora desta estrada, o departamento de Infraestruturas da Xunta investirá máis de 2,1 millóns de euros, xa que na primeira etapa tivo un orzamento de 600.000 euros.

OBRAS EN RIBEIRA

Por outra banda, outras 14 empresas presentaron ofertas para executar a renovación de beirarrúas e pluviais na estrada autonómica AC-550 ao seu paso por Ribeira (A Coruña), entre Padín e Deán Pequeno, cun investimento de preto de 315.000 euros.

A actuación consiste na mellora e reposición de toda a beirarrúa deteriorada na marxe esquerda no seu acceso á poboación, entre os puntos quilométricos 107+320 e 107+870, na avenida de Ferrol. Na súa marxe dereita actuarase entre os puntos quilométricos 107+460 e 107+870.

Plan de Conservación de estradas - Arquivo
Plan de Conservación de estradas - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta