A Audiencia Nacional iniciará en outubro o xuízo pola peaxe de Pastoriza no Concello de Arteixo

O documento técnico elaborado polos avogados e enxeñeiros contratados polo concello conclúe que Fomento "incumpriu varias leis e realizou un cálculo erróneo dos criterios técnicos que lle levaron a concluír nun estudo informativo que era máis aconsellable prolongar a autovía do Porto Exterior ata a Terceira Rolda que eliminar a peaxe de Pastoriza".

Por E.P. | A CORUÑA | 11/09/2019 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

A Audiencia Nacional acaba de convocar o inicio do proceso impulsado polo Concello de Arteixo de face a eliminar a peaxe de Pastoriza, segundo informa o Consistorio. O xuízo iniciarase o próximo 3 de outubro, ás 10,30 horas na Audiencia Nacional coa declaración do técnico que coordinou o estudo que defende as teses do municipio de Arteixo.

O inicio do proceso por parte da Audiencia Nacional é consecuencia do estudo técnico presentado este ano "que sustenta a demanda que persegue a eliminación da peaxe de Pastoriza", sostén o goberno local.

CÁLCULO "ERRÓNEO"

O documento técnico elaborado polos avogados e enxeñeiros contratados polo concello conclúe que Fomento "incumpriu varias leis e realizou un cálculo erróneo dos criterios técnicos que lle levaron a concluír nun estudo informativo que era máis aconsellable prolongar a autovía do Porto Exterior ata a Terceira Rolda que eliminar a peaxe de Pastoriza"

Concretamente, os cálculos realizado polo equipo técnico contratado polo concello -que inclúe catro enxeñeiros, un economista, un biólogo, e un avogado- sostén que Fomento realizou "cálculos matemáticos erróneos" no seu estudo informativo á hora de decantarse por unha ou outra opción.

Ademais, o concello sostén que "en lugar de gastar preto de 60 millóns de euros nunha infraestrutura innecesaria, ese diñeiro se empregue en eliminar a peaxe de Pastoriza, que, ademais de conectar o tráfico portuario coa A-6 (o que se pretende coa prolongación da autovía do porto), favoreceríase o tránsito dos veciños de toda a comarca".

Sinal da peaxe na AP-9 en castelán e inglés
Sinal da peaxe na AP-9 en castelán e inglés | Fonte: A Mesa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta