As notarías galegas rexistran mais do dobre de divorcios que de casamentos

Máis de 2.200 parellas utilizaron a Lei de Xurisdición Voluntaria.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/09/2019 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

Un total de 2.225 parellas contraeron matrimonio ou formalizaron o seu divorcio en notaríalas galegas no últimos catro anos, o que supón o 30 % dos case 7.500 actos de xurisdición voluntaria desde a entrada en vigor da lei que a regula en xullo de 2015.

Sinatura dun divorcio
Sinatura dun divorcio

O Colexio Notarial de Galicia informa este xoves nun comunicado destes actos, nos que 686 parellas casaron e 1.539 separáronse ou divorciaron.

A decana deste colexio galego, Isabel Rubio García, considera que a participación do notariado galego nesta xurisdición "é de gran utilidade social e contribúe a desxudicializar moitos asuntos" nos xulgados.

Estes actos de xurisdición voluntaria incluídos na lei que ampliou a competencia dos notarios únense a outros en materia de sucesións, como a declaración de herdeiros ab intestato colaterais ou a realización do inventario antes de decidir a aceptación ou renuncia dunha herdanza, entre outros, que son un 33 % do total.

Ademais dos actos en materia de familia ou de sucesións, a Lei de Xurisdición Voluntaria introduciu a reclamación de débedas dinerarias non contraditas ou a conciliación ante notario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta