O músico, compositor e investigador da música tradicional galega lembra o labor silencioso das cantareiras e chama a recoñecer o patrimonio que "nos constrúe como pobo". "Aquel canto das avoas era o noso espírito", comenta, visiblemente emocionado.
  comenta   0
A lista oficialista será a única en votación, despois de que a candidatura alternativa non reunise os apoios necesarios.
  comenta   2
López Campos afea a actitude "sectaria" do BNG ao "contraprogramar" unha homenaxe a Castelao fronte ao 75º aniversario. Rodil pide á TVG a rectificación inmediata dun bulo no que se afirma que o BNG non asistiu ao acto da Fundación Castelao.
  comenta   0
Manuel Miragaia (A Coruña, 1958), profesor e escritor, autor do libro 'A terra do Eo-Navia. A galeguidade en Asturais', reivindica nesta obra o recoñecemento oficial por parte da comunidade autónoma de Asturias da comarca do Eo-Navia e, á súa vez, a variante lingüística galega, alén dunha normalización fluída e respectuosa das relacións e intercambios culturais entre Galicia e o Eo-Navia, que poden ser moi produtivos e beneficiosos para os dous pobos. Tamén defende nela a necesidade da creación dunha Academia da Lingua Galega do Eo-Navia.
  comenta   0
"O certo é que os acusados carecían de capacidade económica para asumir a compra de tal inmoble, o cal nunca tiveron intención de pagar nin de habitar", apunta o escrito, que determina que a operación foi pactada con outras dúas persoas, o primo político da vítima, que sabía da existencia da leira e dos problemas de alcoholismo do mesmo, e o dono dunha inmobiliaria.
  comenta   0
O GC fala co que foi concelleiro de Cultura e Patrimonio do Concello de Dodro no ano 2020, Xoán Xosé Vicente, para coñecer como se realizou a restauración deste espectacular hórreo, único en Galicia polo seu arco que o sostén e que dá entrada á finca da que forma parte.
  comenta   0
Trátase dos herdeiros de Rosa García Guimó, unha muller que morreu sen descendencia, e sen deixar testamento.
A Asemblea busca o apoio de grupos políticos para acelerar as pescudas antes de que as regularizacións fiscais prescriban en decembro e febreiro.
  comenta   0
Jesús Ángel Sánchez García, catedrático de Historia da Arte na USC, pide que a etiqueta de 'xardín histórico' se substitúa por outra que implique menos obrigas para os propietarios, máis centrada no xardín como elemento cultural. Tamén fai un chamamento a crear un rexistro destes xardíns en Galicia.
  comenta   0
Moitos mozos fillos de emigrantes galegos víronse afectados polo peche repentino de varias aulas de Lengua e Cultura Españolas, especialmente en Reino Unido, Alemaña e Suíza.
  comenta   0
O presidente do Ateneo, Xaime Toxo, sinalou que foi un "home transversal" a todo o movemento social e cultural que, a partir de finais dos anos 70, protagonizou a efervescencia da Pontevedra daquela época na que fixo "todo o posible" para que a Boa Vila entrase "nos circuítos da modernidade".
  comenta   0
O PSOE destaca a súa "actitude dialogante" e o seu voto a favor e a alcaldesa di que "é un bo día para os veciños". Os dous grandes grupos de oposición, PSOE e PP, critican a "falta de transparencia e diálogo" da alcaldesa.
  comenta   0
A sede compostelá da Audiencia Provincial da Coruña acollerá o vindeiro mércores, día 20, o xuízo contra catro persoas acusadas.
  comenta   0
O balance: 4.211 mortos, máis de 700.000 infectados e unha incidencia que xa é "unha normalidade". Comesaña di que o Sergas está agora "máis engrasado" e destaca melloras na vacinación, o diagnóstico e a conciencia social.
  comenta   0
Despois de que pasasen cinco meses dende que se compuxo a Corporación municipal sen presentar as súas declaracións de bens, e tras as reiteradas peticións do BNG municipal, alcaldesa e concelleiros publicaron este mércores as súas declaracións no portal de transparencia. O Galicia Confidencial analízaas.
"Soltoumo así e aí foi cando caín na conta de que ía ter un verdadeiro problema para atopar traballo", confesa Esther, que asegura que mesmo cando dende unha empresa de Ourense lle deron a oportunidade, "non podía crelo" e, antes de viaxar, "insistíalles en que era muller", coma se lle quedase ese trauma da primeira entrevista. Galicia Confidencial continúa contando historias de mulleres valentes que deron o paso saltando os estereotipos sociais e os roles de xénero.
  comenta   1