A Xunta, disposta a incumprir o déficit para “manter os servizos públicos”

Acusa á inestabilidade do Goberno de Sánchez e o bloqueo das contas autonómicas desta posibilidade.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/09/2019 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

O presidente galego e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, admitiu este xoves que, de non transferirse os fondos que o Estado debe ás comunidades, haberá que tomar "unha decisión política" que podería ser, chegado o caso, incumprir o déficit. O seu argumento é que a Xunta, “baixo ningún concepto”, non recortará o orzamento actual nin os servizos públicos.

O déficit público de Galicia, ata maio. EPDATA
O déficit público de Galicia, ata maio. EPDATA

"Hai que tomar unha decisión política, incumprir o déficit, a regra de gasto e a débeda pública; ou a outra opción é recorte, e eu non vou recortar o orzamento. Eu vou cumprir o orzamento que temos aprobado no Parlamento galego", subliñou na rolda de prensa posterior á reunión semanal co seu equipo de goberno.

Na comparecencia, Núñez Feijóo cargou contra o Goberno central ao entender que está "a colapsar todas as facendas autonómicas e locais", e tamén municipais, bloqueando uns fondos que son esenciais para a prestación de servizos nas autonomías, remarcou.

“UNHA COUSA É FACER E OUTRA É PODER”

Así mesmo, co orzamento do próximo ano no horizonte, asegurou que o equipo da Xunta está a traballar para poder presentar "en tempo e forma" as que serían as últimas contas da lexislatura, aínda que "non podo confirmar que podamos" facelo, deslizou.

"Unha cousa é querer e outra poder, nós queremos pero non sabemos se podemos", aseverou o presidente galego, que responsabilizou ao titular do Executivo en funcións Pedro Sánchez dunha situación que obriga ao Executivo autonómico a traballar nun escenario especialmente complexo. É, en suma, "facer orzamento cun goberno en funcións que non quere cumprir as súas funcións" e nega calquera dato económico ás autonomías, resumiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta