Que pasa cos lobicáns do Barbanza?

Todo son hipóteses sobre o que está pasando cos lobicáns do Barbanza. Estrañas cortes nas orellas dos exemplares mortos teñen levantado sospeitas. Os gandeiros din que os soltaron para matar o gando e a Xunta négao. Impactante vídeo en maior formato no interior.

Por Galicia Confidencial | Barbanza | 04/05/2012 | Actualizada ás 00:07

Comparte esta noticia

Tal e como xa contamos no GC, nos montes do Barbanza apareceron xa varios lobicáns mortos por lazos corredizos e, alomenos tres deles, tiñan claras marcas realizadas polo home. Os gandeiros e a Xunta contradinse sobre o que está pasando. 

None

 

O primeiro que lle chamou a atención á Garda Civil, aos servizos de Protección da Natureza e aos membros do colectivo ecoloxista Axena, que foron os que deron conta dos áchádegos, foi que a maior parte dos exemplares mortos tiñan unha cor avermellada, unha capa moi uniforme de cor difícil de conseguir entre cans de aldea. "Ademais con que raza de can se consiguen eses cruces?", pregúntanse os membros de Axena.

 

Marca nas orellas

 

Con todo, o que máis lles chamou a atención foi que os lobicáns mortos polos lazos tiñan unha marca na mesma orella o que, según cren, pode ser indicativo de que "foran manexados polo home", criados en cautividade ou mesmo soltados ao monte "á mantenta".  

 

Polo momento, todo son preguntas ao aire e suposicións. Pero, estas sospeitas foron confirmadas pola Asociación de Gandeiros do Barbanza que acusaban a algunha empresa de soltar aos lubicáns expresamente para "facerlles dano", xusto cando máis vulnerable é o seu gando, na época de cría cando os poltros e os tenreiros son presas fáciles. Unhas sospeitas que, segundo os ecoloxistas, poderían ter que ver con axustes de contas ou con conflictos relacionados coa produción agroforestal do monte da zona, que xa ardeu en varias ocasións.

 

A Xunta négao

 

Tamén fontes da Xunta, nun primeiro momento, deron por válida esta explicación pero, pouco despois, en declaracións a La Voz de Galicia, Ricardo García-Borregón, director xeral de Conservación da Natureza e responsable directo do plan de xestión do lobo, negaba que se soltaran híbridos nos montes do Barbanza, a pesares das evidencias. "No tenemos indicios de que se suelten híbridos en Barbanza, a esto no podemos darle credibilidad alguna", asegura sobre os lobicáns atopados mortos e sobre as marcas nas orellas. 

 

Diversas entidades ecoloxistas convocaron o pasado sábado unha manifestación en Ribeira para denunciar a cruel morte destes animais. Precisamente, Axena acaba de editar un vídeo sobre o que está a acontecer nestes montes. Uns feitos que son actos criminais tipificados polas leis de Conservación da Natureza. Advertimos que as imaxes poden ferir a sensibilidade dos lectores. 

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 Esto no pinta bien

Y una empresa luguesa, Arena Asesores en Recursos Naturales SL, contratada por la Xunta de Galicia, en 2009 empezo a poner collares gps a los lobos del Barbanza (muy utiles para muchas cosas, entre otras para que los cazadores puedan localizar las manadas) y esta empresa, despues de hablar con los ganaderos (je, je, como vemos los ganaderos de nuevo), decidieron la linea de actuacion ("cientifica segun canones europeos", dice su gerente) que basicamente se reduce a que hablen las armas de los cazadores. Creo que algun periodista deberia estudiar este asunto: http://www.lavozdegalicia.es/notici...

6 Homo sapiens

Lobos ou lobicáns fan que algúns lobishome con gando ceibo poñan lume para alonxar aos cánidos. Así está o Barbanza -arrasado e feito un pedreiral- hoxe. O xabaril, noutros lugares, tamén chama ao lume. Pobre Galicia pobre.

5 omaio

estan marcados polo home.,ceibanos para que se xunten co lobo e se hibriden asi cambialle o caracter ,é a excusa perfecta pra desfacerse do lobo.

4 Brown

E por que non lles poñerán estes cepos na entreperna a ese señor dos Peares que nos está a levar á ruína, ao seu nº 2 e sicario máis distinguido e a todo o resto da chusma noxenta que os rodea? Pero nada de comelos despois, eh!, que nos envelenamos.

3 Dimisión ya!!!

Es increible la desvergüenza sin límites de la Xunta de Galicia que se cree por encima del bien y del mal, Ricardo García-Borregón, el mismo que autorizó las batidas de lobos en el Barbanza en verano de 2011 y ahora la carnicería que están haciendo en 2012, reconoce que a veces sólo se puede distinguir un lobo puro de uno ibérico mediante un análisis genético, que probablemente morirán lobos puros en las batidas y que técnicamente se podría haber capturado a los animales sin hacerles daño ¿Y ENTONCES PORQUÉ NO LO HICISTE, GARCÍA BORREGÓN??? http://www.lavozdegalicia.es/notici...