Extremistas todos

Un dos aspectos relevantes das colectividades humanas, entre moitos outros, é aquela que na Socioloxía chamamos “esquemas de orientación ou marcos de referencia“, que son ese conxunto de valores, institucions (de fe ou de razón) que conforman os lugares de significado e sentido do devir social, ou o que Fromm definiu coma as actuacións,valores e ideas cos individuos teñen por útiles para o funcionamiento correcto da sociedade, porque asumen o funcionamiento desta coma desexábel e correcto.

Por Héctor Tejón | A Coruña | 10/05/2012

Comparte esta noticia
Velaí o importante. No tempo que vivimos, anteriormente tamén, o feito da disidencia orgánica (protestas contra os recortes, levantamento ante a privatización do público ) sempre foi duramente reprimida dende os corpos de seguridade, as forzas monopolísticas da forza dentro dun estado dado. Se dito ataque, que soe pasar por defensa de intereses cidadás cando son éstes os que precisamente están sendo atacados e derruídos, sempre levantou agrias polémicas e enconadas defensas sobre a liberdade, a día de hoxe, dende o poder xerárquico instaurado no aparato executivo dos Estados estase dando un paso máis aló nas lóxicas da represión e do castigo.
 
Aquilo que dimos en chamar post fascismo emerxe con súbita forza e total normalidade a través da censura, represión e castigo ante calqueira pensamento ou manifestación que non se considere dende os poderes gubernamentais e fácticos coma “normal”, convertindo a normalidade social, nunha patoloxía colectiva. 
 
Nas eleccións que se veñen de festexar en Grecia, resulta que se equiparan tendencias xenófobas a tendencias soberanistas e de autonomía colectiva e personal. Emprégase indistintamente un termo que causa pavor “extrema” tanto para “esquerda” coma para “dereita”. Nun exercicio de toma-la parte polo todo, pártese da idea que o normal é o que pensa un número determinado de persoas que dase en chamar “maioría”. Se o cuantitativo pódese trocar ó gusto do que se queira dicir (un foi formado por xentes que para lexitima-las suas investigacions e cobro das mesmas, do mesmo número sacan diferentes conclusións, cando non poñen só o que lles interesa poñer, pero este é outro tema…) o cualitativo resulta menos moldeábel. Pero na reducción da información supeditada ó tempo disponíbel, todo ten que ser de rápida e sinxela inxestión, xa que, quen comunica (televisión,xornal…) ten unha lexitimidade per se baseada na elevada capacidade de difusión que calqueira pensamiento autónomo non posúe… a través dos canles traicionáis.
 
Nos medios e xa mesmo na rúa, asúmense e reprodúcense discursos de elites económicas e culturais coma se foran de puro “senso común”. Así, nunha mostra oligofrénica, chamase indistintamente extremo a quen denuncia o secuestro da liberdade e soberanía cidadá, coma a quen so quere ditos dereitos para os brancos e arios que acrediten varias xeneracións no mesmo territorio. Resulta que alguén que pelexa polos dereitos da cultura galega é un extremista por querer “impoñer”, e quen quere eliminar todo rastro de multiculturalidade no estado é un demócrata. Resulta que quen non condena o franquismo, a especulación inmobiliaria, as políticas tanáticas económicas instauradas, é un patriota, e a cidadanía que se levanta contra medidas antisociais, son culpábeis os que hai que identificar, reprimir e castigar (incluíndo nisto a imposición dun orde legal imperativo e punitivo deseñado por elites burguesas que castiga o cidadán e libera o cargo empoderado)
 
Esta lóxica neoliberal da cultura e da economía bebe de dúas prerrogativas fundamentais. Unha é a lóxica egocentrista, entendida como que cada persoa, ó marxe da súas condicions económicas,persoáis, afectivas, é responsábel de todo aquilo que lle aconteza. O que podemos chamar individuo-empresa, instaurou nas relacions sociais as mesmas lóxicas económicas e empresariais que rixen o sistema, so así éste puidose reproducir ate o punto actual. Polo tanto, calqueira arancel que seña posto ante o “individuo” é negativo. Igual que o Estado non interven nas finanzas (e así de ben nos foi) na vida do “individuo” posmoderno so pode intervir a lóxica cultural normativa que él considere adecuada, máis aló da sua insolidaridade, egocentrismo, ou salvaxismo. Se o individuo-empresa así o desexa, así se realizara. Velaí a explicación a toda a demagoxia que instaurouse na cidadanía chamandose falsamente “liberdade”. Que non quero que meu fillo aprenda galego, pois non é unha medida que conduce o analfabetismo, é o dereito a educa-lo coma eu queira (xa postos, podería dicirlle que non descendemos dos primates, se non do alunizaxe dunha civilización interestelar que deixou a nosa forma de vida coma agasallo a nai naturaza…, se o pai e nai así o pensan e cren, que nada se interpoña na “súa liberdade”). A partir disto as políticas sanitarias neoliberais aplicadas din algo así como “ nós non somos responsábeis de que enfermes, paga.” e para iso introducen, a ritmos diferentes, a seguinte lóxica. Preguntar se alguen pagaría pola sanidade, resultaría ridículo, pois o non sería rotundo. Pero preguntar “¿Parécelle caro pagar un euro por consulta?” ate semella que é democrático porque estan a preguntar indistintamente a quen ten cartos e a quen non. Velaí o truco, velaí o nivel
 
Neste relativismo ético de baixo valor social, anida moito do que acontece. A potenciación de visións egocentristas que so asumen a agresión e violencia do sistema imperante segundo o lonxe ou preto que afecte, axúdanos a comprender o porqué da reproducción do discurso do poder coma “senso común”. A mal chamada extrema esquerda é a esquerda real, xa que a empoderada aplicou políticas económicas igual de destructivas co medio cos seus antagonistas. Non mudou as formas imperantes do mercado, se non que adaptouse a elas, socializounas convertindoas en desexábeis e case que cosustanciais a humanidade (tomando occidente industrializado coma un todo planetario)así, no caso do Estado Español a concentración da propiedade privada en mans de burguesías terratenientes o longo do século XX e XXI chamouselle “cultura da propiedade” esa que empurrou os créditos, hipotécas e todo o que xa sabemos. Non se lle chamou economía especulativa dentro dunha estructura social da precariedade e da necesidade, porque se tivera visibilizado dese xeito ninguén tería asumido cas necesidades básicas para poder vivir estiveran comercializadas e conformaran mais dun 60% do PIB. 
 
Quénes así o reclaman, quenes están dispostos a inverti-la orde vixente son chamados “extremistas” e “radicais” . Cando os “normais” son os que axudan a reproducir e cimenta-la desigualdade social coma instrumento de poder. Son os que apupan a privatización do dereito a estar vivo mediante a resignación ó que se vai vir. Son os que censuran e criminalizan a resistencia pacífica, os que castigan a toma do espazo público que nos prohiben practicar coma se mutalo fora delito porque unha minoría non necesitada, que ten a maioría dos recursos económicos, quere exercer un concepto de cidadanía insolidario, carente de empatía co que sufre e nostálxico de pasados que sempre son máis gloriosos que o presente que nos toca vivir. Entón a coherencia fica prostituída e secuestrada nas mesmas mans que nos fustigan históricamente dende que o primero home ou muller dixo “isto é meu”.
 
Se a unha desigual distribución da riqueza equivale unha desigual distribución da liberdade real para todos, somos nós quénes escollemos se isto ten que seguir sendo así, ou se chegou a hora de mutalo asumindo que nos chamen radicais por exerce-los nosos dereitos, a nosa liberdade real e o dereito a existencia non mercantilizada. 
 
A razón humanista daqueles que nada teñen é a maior forza social coa que impoñerse a fe dos opulentos, e chegou o momento no que toca erguerse, vencer e derroca-la inxustiza tanática cuns poucos dan en chamar “normalidade”. @htejon
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Héctor Tejón Héctor Tejón Sáez, nado na Coruña en 1981. É licenciado e doutorando en Socioloxía pola universidade da coruña. Desenrolou gran parte da súa carreira profesional coma investigador social e docente na facultade de socioloxía da Coruña. É co-autor do libro "La Siniestrabilidad Vial:Un problema desconocido" e artigos en diversas publicacións electrónicas. Actualmente atópase realizando a tese doutoral: " A construcción da identidade posmoderna a través do consumo de cine de masas do século XXI"