Esquerda Unida e Podemos Galicia ultiman o pacto para ir xuntos nas xerais

Polo momento non hai contactos formais con Anova, formación que xa non entrou nesta coalición nos pasados comicios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2019 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

Equerda Unida e Podemos Galicia están próximos a pechar o acordo para repetir a coalición En Común, dentro do grupo Unidas Podemos, para as eleccións do 10N. Así o dixo a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, que expresou a súa confianza en pechar "nos próximos días" .

Nunha rolda de prensa celebrada este luns, a tamén deputada de Común da Esquerda recoñeceu que aínda non se produciron contactos formais coa dirección de Anova para sumar aos nacionalistas a unha coalición da que se descolgaron o pasado mes de abril.

Así, Solla destacou a "sintonía" co partido morado para "consolidar" o acordo asinado en marzo para presentarse ás xerais do 28 de abril nas que a coalición En Común (rebautizada despois como Galicia en Común) obtivo dous deputados polas provincias da Coruña e Pontevedra.

Deste xeito, tras pór o foco en que "a marxe" para negociar candidaturas é "moi pequeno" por cuestións de calendario, Eva Solla sinalou que existe vontade de "sentar a falar" con Anova, pero recoñece que non teñen "coñecemento de nada polo momento".

O que si descarta é a oferta lanzada por En Marea de configurar unha alianza de "forzas galegas" o 10 de novembro. "Despois dos antecedentes previos está claro que non queremos saber nada diso", espetou Solla.

Yolanda Díaz, Monedero e Antón Gómez-Reino
Yolanda Díaz, Monedero e Antón Gómez-Reino | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Andan ben lixeiros á hora de pactar o seu futuro! As purgas son máis eficaces cando ninguén fala delas? (deberamos comezar a falar do trifachito galego Yolanda-Solla-Rubén) ? O caso é que a única deputada que merecería -por traballo e honestidade- encabezar a lista electoral, xa non ten cabeza! Cortáronlla entre os tres e agora din que non teñen tempo de falar con Anova? Pero sí teñen tempo para quedar con Toné? Moita présa para pouco camiño! https://twitter.com/GamelaNova/stat...

1 Antolín o dos cubatas

Non van contar con Anova para que lles carreten votos ?