Galicia xoga preto de 528 millóns de euros ao ano en Lotaría e Primitivas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2019 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

As vendas de Lotaría e Primitivas supuxeron en Galicia ao redor dun 5% do total do conxunto do Estado, a sexta por comunidades, o que supón que os galegos destinan preto de 528 millóns de euros ao ano ao xogo público, segundo os datos da Agrupación Nacional de Asociacións Provinciais de Administradores de Lotarías.

Por provincias, segundo os datos oficiais, A Coruña vendeu o pasado ano 220,4 millóns de euros (un 1,80% máis que en 2017), seguida de Pontevedra con 171,6 millóns (un 2,13% máis), Lugo, con 77,9 millóns (un 9,7% máis) e Ourense, con 57,8 millóns de euros (un 0,87% máis).

En canto ao emprego, o xogo público dá traballo a unhas 12.000 persoas en toda España, repartidas en máis de 4.100 administracións e outros puntos de venda, e factura máis de 9.000 millóns de euros anualmente.

Co obxectivo de valorar a evolución destas cifras e abordar a situación do xogo público en Galicia, a Agrupación Nacional de Asociacións Provinciais de Administradores de Lotarías (Anapal) reunirá este sábado en Santiago de Compostela a loteiros nun encontro aberto a todos os administradores de lotarías.

O encontro de Galicia será a quinta das reunións para loteiros que a entidade organiza, que continuarán por toda a xeografía española, con xornadas en Valencia, Málaga, Valladolid e Sevilla, tras os xa celebrados en Zaragoza, Barcelona, Bilbao e Madrid.

Premio o Gordo 71198 lotaría Nadal
Premio o Gordo 71198 lotaría Nadal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta