Sancionan tres locais de lecer do barrio do Orzán na Coruña

Algún dos locais presentaba supostas irregularidades sanitarias, así que non se descartan tamén inspeccións sanitarias.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/09/2019 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

Dentro do plan de seguridade posto en marcha polo Concello para evitar as molestias do lecer nocturno, a Policía Local despregou o venres pola mañá un operativo de control dos locais, que se saldou coa apertura de expedientes sancionadores aos propietarios de tres locais de hostalaría por carecer da licenza necesaria para  a súa actividade. Ademais, sancionouse a un deles por non cumprir o horario.

Ademais, informou o concello, os axentes levaron a cabo cinco incautacións de droga a clientes que estaban nese momento nos locais, e, por último, anunciaron que se procederá a unha nova inspección por parte do persoal de Sanidade por posibles irregularidades en materia de salubridade nun local situado na rúa Pasadizo do Orzán.

O primeiro control realizouse nun local situado na rúa Socorro, no que o 092 realizou tres incautacións de droga e localizou no chan un puño americano sen que os axentes puidesen identificar o seu dono. Ademais, no momento do rexistro, o local presentaba luz tenue e música e carecía de licenza, polo que se lle notificou ao encargado unha orde de cesamento de disciplina urbanística.

No establecemento de rúa Pasadizo do Orzán, os axentes do 092 abriron un expediente por posesión de estupefacientes a un cliente e denunciaron o titular do establecemento por exercer unha actividade que non se axusta á súa licenza. O local ten permiso para hamburguesería, pero carecía de cociña, segundo consta no informe policial. Ademais, tras suprevisar as instalacións, os axentes valoran a posibilidade de realizar unha inspección sanitaria por supostas irregularidades de salubridade.

Axentes da Policía Local
Axentes da Policía Local

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pitito

O da Coruña co barullo e as molestias dos bares, pubs e afters aos veciños é incribel, de terceiro mumdo. Mesmo parece que a administracion municipal os pon por diante dos veciños e da súa tranquilidade. Xa era asi coa Marea, vexase o disparate da rúa San Xoan tódolos fins de semana, e agora co PSOE igual...