Aprazado o xuízo contra tres funcionarios de Teixeiro e un recluso pola ausencia dun letrado

Os feitos remóntanse a maio de 2012 cando, segundo o escrito da Fiscalía, o preso protagonizou un incidente no comedor con outros internos aos que insultou.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2019 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

O xuízo fixado para este mércores na Audiencia Provincial da Coruña contra tres funcionarios da prisión de Teixeiro e un recluso por supostas agresións quedou aprazado ata este xoves por problemas na citación do avogado do Estado.

Os feitos remóntanse a maio de 2012 cando, segundo o escrito da Fiscalía, o preso protagonizou un incidente no comedor con outros internos aos que insultou. Tras iso, o tres funcionarios de prisións apartárono a unha zona de seguridade, onde o interno, "nun estado agresivo e actuando con evidente desprestixio do principio de autoridade, comeza a bracear e a lanzar patadas alcanzando" a un dos traballadores.

Seguidamente, o tres funcionarios conduciron ao preso ao despacho do educador, onde supostamente lle propinaron unha malleira con "puñadas e patadas no abdome".

Por estes feitos, Fiscalía pide para cada un dos funcionarios unha pena de catro anos e tres meses de cárcere por delitos de lesións, así como con 5.500 euros polos días de curación das feridas e as secuelas. Así mesmo, a petición de prisión para o recluso é de tres anos por un delito de atentado e lesións coa agravante de reincidencia.

O fiscal apunta que o axente agredido sufriu a fractura dun dedo --con 80 días de curación--. Mentres, o preso sufriu, entre outras feridas, a rotura de dúas costelas e un brazo, con necesidade de intervención cirúrxica --con 45 días de curación-- e secuelas. As defensas, pola súa banda, reclaman a absolución.

Centro penintenciario de Teixeiro
Centro penintenciario de Teixeiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta