Endesa reactiva un dos seus grupos nas Pontes para probar combustibles alternativos ao carbón

Unha vintena de camións retoman a actividade desde o porto de Ferrol e outros 16 viaxan a Jaén para trasladar bagazo de oliva.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2019 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

A central térmica de Endesa nas Pontes (A Coruña) reactivou desde o luns un dos catro grupos cos que conta o complexo industrial, no que utiliza como materia prima tanto o carbón importado que chega en barco ata o porto exterior de Ferrol como restos de biomasa e lodos.

Esta acción supón proseguir coas probas para estudar se é rendible a mestura de ambos os combustibles, cun 10-15% de bagazo de oliva, outro 10-15 % de lodos e o resto carbón, para xerar o suficiente poder calorífico para mover as turbinas e ademais lograr unha substancial rebaixa das emisións de dióxido de carbono (CO2).

A situación motivou que os transportistas comecen a pór de novo en marcha os seus vehículos articulados. Así, os 150 camioneiros repartíronse as tarefas de forma que vinte deles comezaron a transportar carbón desde o porto ao parque de Saa, onde depositan unhas 3.000 toneladas ao día. Todo iso o colectivo do transporte continúa cos peches nos concellos de Ferrol e As Pontes.

VIAXE A ANDALUCÍA

En paralelo, outros 16 transportistas partiron este martes, día 8, en dirección á provincia andaluza de Jaén, para "buscar bagazo de oliva, para poder mesturalo ao carbón e facer probas", tal e como apuntou Roberto González, un dos camioneiros que continua no peche de Ferrol.

Segundo indicou, este produto obtense do proceso de prensado das olivas" e "xa se fora buscar noutra ocasión para as probas" tendo en conta que "emite moitas calorías e que non desprende CO2".

MANIFESTACIÓN

A pesar desta reactivación, o vindeiro mércores 16 de outubro está convocada unha xornada de folga xeral nas Pontes, xornada na que tamén está previsto facer unha concentración en Madrid.

Finalmente, a protesta non será ante o Congreso dos Deputados, tal e como se decidiu nun primeiro momento, senón que se fará ante sede da Embaixada de Italia en España, na rúa Lasgasca 98.

Os camioneiros partirán o día 15 ás 15,00 horas cara a capital do Estado mentres que os autobuses e os vehículos particulares teñen previsto iniciar a marcha ás 3,00 horas do propio 16 de outubro, desde a Estación de Autobuses das Pontes.

Central das Pontes. EUROPA PRESS - Arquivo
Central das Pontes. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta