O embaixador de Ucraína en España, Serhii Phororelstev, está estes días de visita en Galicia para estreitar os lazos humanitarios e comerciais entre a rexión e o seu país. A CEG organiza unha xornada na que participan compañías de sectores como construción, TIC, enerxía, alimentación, formación ou investimentos.
  comenta   0
A Comisión Europea anunciou este mércores a selección de 42 novos proxectos para o despregamento de infraestruturas de combustibles alternativos, que se beneficiarán de axudas comunitarias por valor de máis de 424 millóns de euros, entre os que se atopan catro proxectos españois que obterán máis de 78 millóns de euros, un 18,4 % do financiamento total.
  comenta   0
O IPC repunta ao 3,8% en Galicia no comezo de ano, segunda maior inflación do Estado. O prezo dos alimentos soben case un 8%.
  comenta   0
"Desde o sector agroalimentario compartimos a preocupación ante a inviabilidade económica á que se está abocando aos produtores europeos", asegura.
  comenta   0
O país galego, aínda que é un dos que máis enerxía produce, é o que menos demanda ten. As autonomías con máis peso no PIB son minoritarias en xeración de enerxía, segundo un estudo.
  comenta   0
O vicepresidente da Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes), Julio López, asegura que "hai moita oferta de produto e a demanda está a resentirse", o que é "unha boísima nova para os gasolineiros" e "trasládase aos monolitos con prezos moi baixos e descontos de ata 40 céntimos por litro en certas operadoras".
  comenta   0
"Agora que o quecemento global vai camiño de superar os 1,5 graos, é probable que se desencadeen cando menos cinco puntos de inflexión nos sistemas terrestres", advirte o informe, e pon como exemplo o colapso das grandes capas de xeo e a mortalidade masiva dos arrecifes de coral de augas cálidas, existindo tamén o risco dunha "perda catastrófica a escala mundial da capacidade de produción de cultivos básicos".
  comenta   0
Galicia exportou bens por 2.494.910 millóns de euros en setembro, un 13,5 % menos que no mesmo mes de 2022, segundo os datos de comercio exterior publicados polo Instituto Galego de Estatísticia (IGE) este venres.
  comenta   0
Oito meses despois de que o diésel volvese a cumprir esa norma non escrita do mundo dos combustibles no que sempre é máis barato que a gasolina, as tornas volven invertirse. A finais desta semana todas as estacións de servizo terán o litro de gasóleo máis caro que o de gasolina.
  comenta   0
Estímase que o emprego xerado pola contrución dunha nova potencia eólica é de 1.548 postos de traballo directos. A Asociación Eólica de Galicia e a Confederación de Empresarios xogan coas cifras económicas e advirten de que a xudicialización dos expedientes eólicos pode chegar a afectar aos 75 proxectos que contan coa correspondente declaración de impacto ambiental favorable e autorización administrativa para a súa construción, ocasionando perdas multimillonarias.
  comenta   1
O Observatorio Galego da Acción Climática asegurou que o afundimento do uso de carbón (- 93,6 %) foi o único avance importante rexistrado nos últimos anos na redución do consumo de combustibles fósiles en Galicia, a principal causa das emisións galegas de gases de invernadoiro causantes do cambio climático.
  comenta   0
A Autoridade Portuaria forma parte desde setembro de 2022 da Alianza Galega polo Clima, unha iniciativa promovida pola Xunta que reúne esforzos que permitan situar a Galicia á cabeza das rexións europeas na loita contra o quecemento global.
Soben tamén o vestido, os medicamentos, o transporte, o lecer, as comunicacións e os restaurantes. Só baixan as vivendas e o ensino.
  comenta   0
Setembro chega cun moi mal prognóstico: o prezo do litro de gasolina en Galicia custa, de media, 1,751 euros; e o de diésel, 1,648, case seis céntimos e case dez máis, respectivamente, que ao comezo do mes de agosto. No 2021 o litro de gasolina 95 custaba nas estacións de servizo galegas 1,449 euros (a frioleira de 30 céntimos menos que na actualidade), e o de gasóleo A, 1,296 (uns 35 céntimos menos).
  comenta   0
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, animou aos armadores de buques pesqueiros a solicitar as axudas convocadas pola Xunta para compensar o encarecemento do gasóleo durante 2022 pola guerra de Ucraína e paliar o seu impacto nas súas contas.
  comenta   0
O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contando dende este martes e poderán beneficiarse destes apoios as persoas armadoras de embarcacións que teñan o seu portoo base en Galicia, a licenza en vigor e estean de alta na terceira lista do rexistro xeral de frota pesqueira e no rexistro de buques pesqueiros da comunidade.
  comenta   0
A gasolina 95 encareceuse no último mes oito céntimos, chegando aos 1,693 euros por litro; mentres que o gasóleo subiu nove céntimos, ata os 1,549 euros por litro.
  comenta   0
Critica que non cumpre coas expectativas, pois debería perseguir o obxectivo primario de alcanzar o cero neto en emisións en 2040 como tarde.
  comenta   0
Nova sesión do 'Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos', unha actividade gratuíta destinada a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social.
  comenta   0
Galicia importaba moito máis do que exportaba tanto a Ucraína como a Rusia antes do conflicto iniciado en febreiro de 2022. Desde entón, a balanza comercial galega mudou significativamente.
  comenta   0
Cumprir coa descarbonización e a transición cara a unha economía máis sustentable "probablemente" implicará tensións inflacionistas á alza, polo menos, durante a próxima década, advertiu a xestora de activos Schroders nun informe.
  comenta   0
Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León alíanse para impulsar a construción dun corredor que garanta as comunicacións mediante combustibles alternativos.
  comenta   0
A UE acorda instalar cargadores para vehículos eléctricos cada 60 quilómetros para 2026.
  comenta   0
A Eurocámara quere que todos os de nova construción sexan así nesa data e amplía o prazo a 2032 para os que se renoven.
  comenta   0