Os prezos seguen disparados en Galicia con subas en alimentos, vivenda, auga e gas

O IPC repunta ao 3,8% en Galicia no comezo de ano, segunda maior inflación do Estado. O prezo dos alimentos soben case un 8%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2024 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu ao 3,8% a comezos de 2024 en Galicia, o que supón a segunda maior taxa inflacionaria do país, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

E é que este incremento do 3,8% está só por baixo do 4% de avance interanual que rexistra Canarias. Ademais, é catro décimas superior á media española de xaneiro, que se sitúa no 3,4%. Este incremento interanual está por encima do 3,2% co que pechou o IPC galego en 2023. Na comparativa intermensual, aumentou dúas décimas en Galicia (o dobre da décima que crece no caso de España).

Por grupos en Galicia, nun comezo de ano de aumento de prezos xeneralizados, sobresae o repunte do 7,9% de alimentos e bebidas non alcohólicas. Séguenlle: restaurantes e hoteis (6,6%); bebidas alcohólicas e tabaco (3,7%); outros bens e servizos (3,6%) e vestido e calzado (3%). Tamén se observan alzas en vivenda, auga, electricidade, gas e outros combustibles, neste caso do 1,8%.

Na comparativa co mes anterior no caso galego, a maior subida protagonízana as bebidas alcohólicas e o tabaco (2,5%). No outro extremo, prodúcese un descenso do 10,6% de roupa e calzado debido ao mes de rebaixas.

Unha persoa merca alimentos nun mercado, a 11 de agosto de 2023,  en Lugo
Unha persoa merca alimentos nun mercado, a 11 de agosto de 2023, en Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta