Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2025 | Actualizada ás 10:33
O índica de prezos de consumo (IPC) baixou un 0,2% en marzo en Galicia en relación ao mes anterior e recortou oito décimas a súa taxa interanual, ata o 1,9%, por baixo da media, o seu valor máis baixo desde setembro pasado, segundo os datos publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Na comunidade galega, a inflación está motivada pola evolución dos prezos da vivenda, auga, electricidade, gas e outros combustibles (+5,1%), restaurantes e hoteis (+4,1%) e outros bens e servizos (+3,4%). Baixan os prezos sobre todo do transporte (-0,7%). En calquera caso, a evolución mensual, esa caída do 0,2%, débese sobre todo á variación respecto de febreiro dos prezos da vivenda, auga, electricidade, gas e outros combustibles (-1,9%).
No conxunto do Estado, o IPC subiu un 0,1% en marzo en comparación con febreiro e recortou sete décimas a súa taxa interanual, ata o 2,3%, o seu valor máis baixo tamén, neste caso desde o pasado mes de outubro, cando se situou no 1,8%. Co descenso do IPC interanual no terceiro mes do ano, a inflación pon fin a cinco meses consecutivos de ascensos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.