Detido un home na Coruña como suposto autor dun delito de abuso sexual

O Goberno central concede 500.000 euros para axudas a vítimas de violencia de xénero en Galicia.

Por E.P. | A CORUÑA | 09/10/2019 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

Axentes municipais da Coruña detiveron a un home, de 26 anos, como suposto autor dun delito de abuso sexual, segundo informa a Policía Local.

Sobre as 05,15 horas deste mércores, os compoñentes dun vehículo patrulla que realizaban un patrullaxe preventivo pola rúa Sol foron requiridos por un grupo de catro mozas que se atopaban no interior dun vehículo estacionado. Unha delas, de 20 anos, manifestou sufrir o abuso sexual e tres amigas dela que foron testemuñas.

As denunciantes informaron de que minutos antes, cando transitaban por esa vía, un home ao que non coñecían de nada e sen mediar palabra, súbitamente, introduciu a súa man na entreperna da vítima tocando a súa zona xenital.

Tras recriminarlle por tal acto, o agresor apresuradamente tentou ausentarse do lugar mentres o grupo de mulleres comezou a seguirlo, momento no que apareceu o coche patrulla e déronlle o alto.

Xuízo por abuso sexual
Xuízo por abuso sexual

AXUDAS

Por outra banda, o Executivo central concedeu un total de 513.795 euros a Galicia para financiar programas de apoio a vítimas de violencia de xénero e de abusos sexuais, segundo informou este mércores a Delegación do Goberno en Galicia.

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou esta semana as resolucións coa lista de proxectos específicos seleccionados para recibir fondos procedentes do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Trátase de proxectos aprobados polo Ministerio de Presidencia e a Xunta orientados á asistencia social integral ás vítimas tanto de violencia de xénero como de abusos ou agresións sexuais, así como iniciativas para mellorar a coordinación e desenvolver plans personalizados.

Así as cousas, entre este tres resolucións distintas, Galicia recibirá 513.498 euros. Deles, a maior contía (219.092 euros) irá á parar a cinco proxectos de asistencia a vítimas de violencia de xénero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta