"Hai un tempo sufrimos un asasinato producido por un pai que, por un problema coa súa parella, despois asasinou aos seus dous fillos. Iso non é violencia machista, iso é violencia intrafamiliar", declarou o presidente da Xunta, quen logo matizou as súas declaracións. Unidas Podemos acusa a Feijóo de "indecente" e de "mimetizar" a Vox.