Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/06/2025 | Actualizada ás 18:16
A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou solicitar a creación dunha praza máis na sección de Instrución do Tribunal de Instancia da Coruña e outra no de Vigo "para paliar a perda que para ambas as cidades suporá a transformación dun dos seus xulgados de instrución na praza número 2 da sección de Violencia sobre a Muller, en aplicación da Lei Orgánica 1/2025, de 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza".
Segun informa a alto tribunal galego, os membros da Sala de Goberno tamén aprobaron demandar a creación das seccións de Violencia sobre a Muller dos Tribunais de Instancia de Lugo, Pontevedra e Ferrol, en concreto unha praza en cada unha delas. "Esta medida ten como obxectivo que as sete principais cidades galegas conten cunha sección exclusiva de Violencia sobre a Muller, pois o Ministerio de Xustiza anunciou a creación de seccións especializadas nos partidos xudiciais de Santiago e Ourense --prazas número 1--, e, na Coruña e Vigo, das prazas número 2".
"No caso de Santiago e Ourense, por tanto, as prazas serán de nova creación, mentres que na Coruña e Vigo a creación da praza número 2 suporá a eliminación dun xulgado de instrución en cada cidade", engade. A praza número 1 en ambas as cidades corresponderá ao xulgado especializado en Violencia sobre a Muller co que xa contan na actualidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.