A muller que se precipitou desde un cuarto piso no Barco pediu ese mesmo día información para separarse da súa parella

Continua ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro, onde foi evacuada en estado grave.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 21/05/2025 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

A muller que este martes se precipitou dende o cuarto piso dun edificio situado na Praza de Andrés de Prada, na localidade ourensá do Barco de Valdeorras, acudiu ese mesmo día ao cuartel da Garda Civil para solicitar información sobre o proceso de divorcio. Así o confirmou este mércores, en declaracións aos medios, o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, que sinalou que a muller, de 35 anos, continua ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro, onde foi evacuada en estado grave.

A muller, indicou o subdelegado do Goberno en Ourense, acudiu na mañá do martes ao cuartel da Garda Civil do Barco de Valdeorras para pedir información sobre o proceso de divorcio. Así mesmo, puntualizou que a muller non estaba inscrita no Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (VioGén) e "non consta" ningún tipo de denuncia, condena nin agresión de ningún dos dous membros da parella. O home, que foi detido, segue en comisaría á espera de pasar a disposición xudicial.

A Garda Civil investiga o sucedido e o subdelegado detallou que "cientificamente" non se pode confirmar, polo momento, como un caso de violencia de xénero, "pero todo indica que o é". Santos fixo un chamamento á "condena e denuncia, tanto das vítimas, como das mulleres que son sometidas a presións e agresións, como da súa contorna".

Axente da Garda Civil / Garda Civil - Arquivo  / Europa Press
Axente da Garda Civil / Garda Civil - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta