Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2025 | Actualizada ás 18:12
Un home perdeu a vida este mércores tras ser atropelado por un turismo na estrada N-554, ao seu paso pola localidade pontevedresa de Vilaboa.
Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 15.30 horas nunha zona do Toural. En concreto, fronte a oficina do Banco Santander.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico e persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tan só puideron confirmar o falecemento.
Tamén acudiron ao momento membros de Protección Civil da localidade, que demandaron que se utilizasen alternativas a esta vía para evitar retencións e facilitar o paso aos vehículos prioritarios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.