A Premio Mundial de Innovación Educativa, Vicky Colbert, achégase ao modelo de ensino no rural galego

Colbert interesouse por proxectos desenvolvidos ao longo do curso pasado e que este ano se renovaron.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2019 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, e a presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove, visitaron este venres o CEIP de San Ramón (Moeche). Ambas acompañaron ao Premio Mundial WISE de Innovación Educativa (2013), Vicky Colbert, que visita Galicia para coñecer o modelo de ensino no rural.

Segundo informou a Xunta, Colbert interesouse por proxectos desenvolvidos ao longo do curso pasado e que este ano se renovaron, como é o caso da iniciativa de traballo cos robots 'Escornabots' no CEIP de San Ramón a través do programa 'Biblioteca Creativa'.

Así mesmo, coñeceu outras iniciativas que desenvolveron estes centros no curso pasado e nas que poderán volver participar ao longo do presente, tales como os contratos-programa, o Voluntariado de Lectura ou o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.

Actividades extraescolares 2019
Actividades extraescolares 2019 | Fonte: 2020. AFUNDACIÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta