Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2019 | Actualizada ás 00:09
O Goberno galego proxectou a bandeira de España sobre a fachada principal do edificio administrativo de San Caetano, sede principal da Xunta, con motivo do 12 de outubro.
A proxección tivo lugar ás 21,30 horas deste venres, véspera da celebración do Día Nacional de España.
A iluminación repetirase á mesma hora do propio 12 de outubro, segundo informa a Xunta nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.