O BNG de Marín rexeita participar no acto de homenaxe á princesa Leonor

A formación critica que a distinción de Filla Adoptiva "non representa ao conxunto da veciñanza" e responde a unha lóxica "herdada do franquismo".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/07/2025 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

O BNG de Marín non participará no acto, que terá lugar este luns, no que se entrega á princesa Leonor a distinción de Filla Adoptiva e considera que o recoñecemento "non representa" ao conxunto dos veciños.

Nun comunicado, a formación nacionalista xustificou a súa ausencia por "coherencia" coa postura que mantivo no pleno do 13 de novembro de 2024, no que o nomeamento foi aprobado cos votos a favor do PP e do PSOE.

Así, o BNG volveu advertir de que este recoñecemento "non representa" ao conxunto dos veciños, senón que responde a unha "lóxica herdada do franquismo, que non ten cabida nun sistema plenamente democrático".

"Recoñecer institucionalmente a alguén polo simple feito de ser descendente de quen é, sen unha vinculación real ou significativa co pobo, perpetúa unha visión discriminatoria incompatible cos valores republicanos e igualitarios que defendemos", sinala o BNG.

A liña segudio, matizaron que "non teñen nada persoal" contra a princesa Leonor, pero consideran que a súa presenza en Marín "non foi nin significativa nin transcendente como para merecer tal distinción".

A Princesa Leonor á súa chegada á Escola Naval de Marín, en agosto de 2024
A Princesa Leonor á súa chegada á Escola Naval de Marín, en agosto de 2024 | Fonte: Elena Fernández - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta