O 061 atendeu 89 persoas debido a 66 accidentes de tráfico na fin de semana en Galicia

En 78 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións recibiron atención no mesmo lugar do accidente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2019 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 89 persoas debido a 66 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega durante o fin de semana. A xornada do domingo foi a que contabilizou máis incidentes, con 32 sinistros.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 11 de outubro e as 23,59 horas do domingo 13 un total de 73 chamadas en relación con accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 91. En concreto, as ambulancias realizaron 78 saídas; o helicóptero medicalizado, dous; e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en 11 accidentes.

En 78 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións recibiron atención no mesmo lugar do accidente.

A proporción de homes atendida situouse no 52 por cento e a de mulleres reduciuse ao 48%. En canto ás idades dos feridos, o 36% tiña entre os 20 e 34 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis sinistros durante os desprazamentos do fin de semana, con 29; seguida de Pontevedra, con 19; Ourense, con dez; e Lugo, con oito.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta