Mobilizados os Bombeiros de Pontevedra por un incendio nun almacén téxtil

Por E.P. | PONTEVEDRA | 17/10/2019 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Os Bombeiros de Pontevedra foron mobilizados na mañá deste xoves debido a un incendio rexistrado nunha nave na que hai situado un almacén téxtil.

Segundo informaron fontes dos Bombeiros de Pontevedra a Europa Press, ás 9,20 horas deste xoves recibiron o aviso do incendio localizado no soto dunha nave téxtil en Rúa do Cordón.

O parque de Bombeiros de Pontevedra enviou ao lugar efectivos con dous vehículos que procederon a realizar as tarefas para a extinción do lume, que colleron "rápido", sinalaron as mesmas fontes.

Pola súa banda, fontes do 112 Galicia confirmaron que non hai persoas feridas e concretaron que o incendio afectou a teas, tecidos e roupa que había na nave.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta