Centos de persoas maniféstanse en defensa do monte galego e por "un rural vivo"

Para os organizadores resulta "fundamental" modificar a "política forestal do PP" que, ao seu xuízo, está ao servizo da industria como a celusosa Ence e "en dretimento das explotacións agrarias ou gandeiras".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2019 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

Centos de persoas manifestáronse este domingo en Santiago en defensa da "rendibilidade e sustentabilidade social" do monte galego, da biodiversidade e en favor de "un rural vivo".

Con estas palabras, o secratrio xeral da CIG, Paulo Carril, sintetizou o obxectivo da protesta que se celebrou este domingo na Alameda da capital galega, á que tamén acudiron organizacións ecoloxistas, sindicatos e personalidades políticas como Ana Pontón (BNG) ou Antón Sánchez (Anova).

Para os organizadores resulta "fundamental" modificar a "política forestal do PP" que, ao seu xuízo, está ao servizo da industria como a celusosa Ence e "en dretimento das explotacións agrarias ou gandeiras".

"No canto de apostar pola creacion de riqueza, emprego" ou a compatibilidade doutras actividades, a Xunta presenta un plan forestal "de forma oscurantista" e ás costas dos sectores sociais e económicos afectados, apostilou.

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apoia a mesma liña que expoñen os sindicatos. Considera que a clave está en "cambiar as políticas" para "enfrontar o reto do cambio climático" e "crear oportunidades económicas" para Galicia.

Abandonar o plan forestal do PP, apostar por un monte multifuncional, recuperar especies autóctonas e producir madeiras de calidade son os catro alicerces que propón a representante nacionalista.

Ademais, tamén apuntou á loita contra os incendios forestais desde a prevención, nun contexto "de expansión do eucalipto", unha especie pirófita, e "con previsións da Xunta de seguir incrementando a súa superificie".

A nova política que reclamaron os participantes da manifestación ten tamén que ver con "unha xestión do ciclo da madeira" diferente, que dea lugar a recuperar o tecido industrial, porque "se corta moita madeira pero non se trata aquí", explicou Pontón respecto diso.

Manifestación en Santiago en defensa do monte galego
Manifestación en Santiago en defensa do monte galego | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta