Rodríguez Miranda promociona o Xacobeo 2021 no Brasil

O secretario Xeral de Emigración participou nos actos do Día da Hispanidade no Club Español de Niteroi.

Por E.P. | Brasil | 21/10/2019 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, concluíu a súa viaxe oficial a Brasil, onde chegou procedente de Cuba, unha visita que permitiu, entre outras cuestións, reforzar os lazos institucionais e de cooperación e impulsar a promoción do Xacobeo 21.

Así, segundo informou a Xunta, na parte final da súa estancia en Rio de Janeiro, Miranda participou nos actos do Día da Hispanidade no Club Español de Niteroi, que celebra este ano o seu 55 aniversario, configurándose como "lugar de encontro dos emigrantes españois e os seus descendentes".

"Niteroi é un exemplo de galeguidade, e tamén un símbolo da unión dos nosos pobos. O seu intenso labor cultural e deportivo tradúcese en multitude de actividades que, cada ano, ofrecen á colectividade o mellor servizo posible", subliñou o secretario xeral.

Así mesmo, e con motivo desta xornada, Rodríguez Miranda participou tamén no encontro do Consello de Residentes Españois CRE, unha reunión que permitiu profundar na procura de sinerxías e solucións para incrementar a colaboración entre as distintas asociacións en Brasil.

Visita de Antonio Rodríguez Miranda a Brasil.. XUNTA
Visita de Antonio Rodríguez Miranda a Brasil.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta