O PP defende os orzamentos da Xunta e o modelo de rebaixas fiscais fronte ás críticas da oposición

As críticas da oposición por "beneficiar aos ricos", Puy rexeitou esta percepción e defendeu que, na liña dos últimos orzamentos, buscan "orientar a actuación das persoas cara a actividades positivas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2019 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, defendeu este luns, fronte ás críticas da oposición, o proxecto de orzamentos da Xunta para 2020 e o modelo de rebaixas fiscais impulsado polo Executivo que dirixe Alberto Núñez Feijóo.

"O Grupo comparte unha opinión positiva", sinalou, antes de subliñar que as contas aumentan e consolidan o crecemento, ademais de aspirar a "mellorar" e mesmo "reverter a desaceleración" económica que se rexistra en Galicia, do mesmo xeito que no conxunto de España e Europa.

En canto ás rebaixas fiscais e as críticas da oposición por "beneficiar aos ricos", Puy rexeitou esta percepción e defendeu que, na liña dos últimos orzamentos, buscan "orientar a actuación das persoas cara a actividades positivas, mellorar a ocupación do territorio, a eficiencia enerxética ou a continuidade de empresas que xeran emprego. Tamén, no caso da redución do tributo de sucesións, incidiu en que se busca "capitalizar herdanzas sen tributos tomen decisións de investimento".

Así mesmo, fronte ás críticas vertidas polo Grupo Mixto, que denunciou que a Xunta impulsa rebaixas para "comprarse un chalé en primeira liña de praia en Sanxenxo", Puy defendeu que o que se busca é promover os asentamentos en zonas pouco poboadas. "Teremos a oportunidade de debater os orzamentos e aclarar imprecisións como esta", concluíu o popular.

PLENO "MOI LONGO E ESIXENTE"

Puy tamén avanzou que o pleno que arrinca este martes na Cámara galega será "moi longo e esixente", e repasou algunha das iniciativas que defenderán os populares. Por exemplo, os populares defenderán unha iniciativa sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao estatal en relación á central térmica das Pontes; e outra proposta sobre a AP-9 e a esixencia de que as obras que afecten a infraestruturas non se financien con subidas de peaxe. O PP tamén preguntará ao Executivo autonómico sobre a negativa do Goberno central a transferir a totalidade dos 700 millóns que demanda a Xunta.

Pedro Puy
Pedro Puy | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta