Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/07/2025 | Actualizada ás 15:36
A conselleira de Política Social reclamou "máis financiamento" ao Goberno central, despois de que este aprobase o traspaso á Xunta de 52,4 millóns de euros. Estas declaracións prodúcense despois de que este mércores o delegado do Goberno, Pedro Blanco, puxese en valor esta transferencia e afirmase que espera da Xunta "a mesma colaboración e responsabilidade para xestionar eses fondos".
Preguntada polos medios e en resposta a estas declaracións, García pediu que se esixan "esas responsabilidades" ao Goberno central. "Nestes momentos, o Goberno de España está a financiar o 34% do custo de dependencia, mentres lle corresponde por lei o financiamiento do 50%", criticou.
A conselleira reafirmou a súa intención de que Galicia "vai continuar atendendo cada vez a máis persoas dependentes". Nestes momentos, segundo a Xunta, existe un cociente de atención de máis do 98% e 42.000 expedientes e persoas atendidas no primeiros seis meses do ano.
"Necesitamos máis financiamento", pediu García. "Imos volver a reclamarlle esa débeda acumulada de 2.500 millóns de euros que irían directamente a parar ao peto de todas estas persoas", engadiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.