A familia da acusada de matar a dous anciáns en Arzúa cría que "levaba días" sen medicación

O marido e a filla da procesada acolléronse ao seu dereito a non declarar.

Por E.P. | A CORUÑA | 22/10/2019 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

A familia da muller acusada de asasinar a dous anciáns en Arzúa manifestoulle á Garda Civil que cría que a muller "levaba días" sen tomar a medicación para a súa enfermidade psiquiátrica, segundo declararon axentes da Benemérita na segunda sesión do xuízo que se segue por esta causa.

A Audiencia Provincial da Coruña continuou este martes co xuízo que se segue con xurado popular contra a muller, para a que a Fiscalía pide o internamento nun centro psiquiátrico por un total de 43 anos por matar a dous anciáns e agredir o seu sogro en xullo de 2016.

A procesada, segundo recolle a Fiscalía, recibía tratamento psiquiátrico desde o ano 1994 por diagnóstico de esquizofrenia diferenciada e, no momento da comisión dos feitos, sufriu un trastorno psicótico agudo que anulou as súas capacidades cognitivas e volitivas.

"A familia cría que (a muller) levaba días sen tomar a medicación", declarou un dos axentes da Garda Civil que prestou declaración na sesión deste martes, na que relatou o que a familia lles manifestou cando se achegaron ata o lugar dos feitos.

A FAMILIA NON DECLAROU

A familia, pola súa banda, -tanto o marido como a filla da procesada- acolleuse ao seu dereito a non declarar, do mesmo xeito que fixo a acusada na xornada anterior.

Segundo a declaración dos axentes da Garda Civil, na vivenda familiar, a filla confesoulles que a súa nai "agredira" ao seu avó e tentara facer o mesmo co seu pai.

A Garda Civil tamén explicou que se atoparon á muller "completamente manchada" de sangue e "moi alterada", o que obrigou aos axentes a proceder a "encadeala" co único obxectivo de inmobilizala.

Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta