As innovacións no sector naval e a tecnoloxía dos xemelgos dixitais centran unha conferencia no Gaiás

A xornada está dirixida tanto ao sector TIC como ao resto de sectores, á cidadanía en xeral e ás administracións públicas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2019 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizarán o vindeiro luns na Cidade da Cultura unha conferencia sobre innovacións no sector naval e tecnoloxía de xemelgos dixitais.

A charla, baixo o título 'Xemelgos dixitais e o reto dos buques intelixentes', terá lugar a partir das 11,15 horas no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura e será impartida polos enxeñeiros e directores de Navantia Donato Martínez Pérez de Rojas, Juan Ignacio Silvera Vez e Carlos Blanco Seijo.

No evento presentarase unha visión xeral do plan de transformación que dará lugar á utilización da tecnoloxía do xemelgo dixital (réplica virtual) na contorna da construción naval, abordaranse os retos e oportunidades desta tecnoloxía e a súa aplicación no ecosistema naval e marítimo e analizarase a exposición dun caso de aplicación nos futuros buques da Armada Española.

A xornada, informou a Xunta, está dirixida tanto ao sector TIC como ao resto de sectores, á cidadanía en xeral e ás administracións públicas. Os interesados deberán confirmar a súa asistencia a través do correo electrónico comunicacion@aetg.gal.

Gaiás
Gaiás

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta