O BNG avisa de que a Xunta debe velar pola Serra do Oribio e "non destruíla"

Por E.P. | LUGO | 22/10/2019 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

A deputada do BNG Olalla Rodil advertiu á Xunta de que a Serra do Oribio é un espazo natural protexido por cuxa conservación "ten que velar" a Xunta e "non destruílo".

Así o trasladou nun comunicado no que celebra o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), aínda que sexa provisional, a raíz do recurso presentado pola plataforma 'Salvemos O Iribio'.

Non en balde, Rodil remarcou a relevancia paisaxística e etnográfica desta zona da demarcación Ancares-Courel, e incidiu en que unha declaración de impacto ambiental de hai 14 anos "non pode xustificar a destrución dun espazo Rede Natura 2000 como Oribio".

Así as cousas, instou ao Executivo autonómico a "garantir o cumprimento das medidas cautelares impostas" polo TSXG.

Serra do Oribio
Serra do Oribio | Fonte: turismo.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta