Rueda esgrime que a lei está "deseñada" para tratar de acordar, pero di que é "moi difícil" coa actitude dos seus rivais, "especialmente" do BNG.
  comenta   0
Un fondo soberano e incrementar o orzamento para Atención Primaria e o SAF, entre as propostas do BNG. Máis investimento en ciencia, apostar por renovables e combater lista de espera, entre as 40 propostas do PSdeG.
  comenta   0
Estas declaracións chegan despois de que o pasado domingo, sobre as 20.00 horas, se derrubase unha parte do teito da oficina do Xulgado do Social número 4, o despacho da maxistrada e o da oficina do Xulgado do Social número 2. CSIF reclama medidas inmediatas e avisa: "a prevención de riscos non é un xogo".
A Xunta mostrou a súa disposición a colaborar para garantir a continuidade de Sargadelos e considerou que o expediente aberto de Inspección de Traballo e Seguridade Social non "aboca ao peche", despois de que este mércores o administrador único anunciase o cesamento da actividade apoiado neste motivo
"É unha discrepancia do BNG coa totalidade dos grupos representados nesta casa", din desde o PPdeG.
  comenta   0
Fabiola García insiste en que esta condición "non pode ser obstáculo para unha praza" e o BNG pide a súa inclusión en centros especializados.
  comenta   0
Olalla Rodil pide “resucitar” a área sanitaria e escoitar o “clamor social” tamén contra o proxecto de Altri
  comenta   0
O Comité Intercentros convoca folga o 11 de marzo, día de aprobación no Parlamento, contra unha norma que "destruirá os servizos públicos".
  comenta   0
"Concíbese como un organismo público" desde o que as persoas investigadoras e todos os axentes sociais "que conforman o ecosistema galego de I+D+i" poidan contribuír a xerar coñecemento, "impulsando tanto a ciencia básica como a aplicada", buscando unha xestión "máis eficaz e eficiente".
  comenta   0
O vicepresidente e conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, defende a nova normativa para "adaptarse aos novos tempos" e ofrece "man tendida". Anuncia cambios na elección do director xeral da CRTVG que se fará por maioría absoluta e tamén a incorporación de programas que non sexan só en galego.
  comenta   1
"Prevén implantar e desenvolver tantos parques e proxectos fóra e á marxe dese plan que ao final non sei para que lles vai valer", afirmou a viceportavoz parlamentaria do BNG Olalla Rodil.
  comenta   0
Emitiu unha peza na que apuntaba que o BNG non asistiu ao acto da Fundación Castelao en Compostela e recolleu as críticas da Xunta ao BNG por organizar un acto "paralelo".
  comenta   0
López Campos afea a actitude "sectaria" do BNG ao "contraprogramar" unha homenaxe a Castelao fronte ao 75º aniversario. Rodil pide á TVG a rectificación inmediata dun bulo no que se afirma que o BNG non asistiu ao acto da Fundación Castelao.
  comenta   0
Destaca que "impuxeron" todo o plan de traballo na comisión de investigaicón sobre os contratos de Feijóo.
  comenta   0
Os orzamentos da Xunta xunto á lei de medidas fiscais, coñecida como lei de acompañamento, chegan ao pleno para a súa aprobación definitiva o vindeiro martes entre críticas dos grupos da oposición (BNG, PSdeG e Democracia Ourensana) pola falta de receptividade do grupo maioritario, o PP, a incluír as súas emendas.
  comenta   0
A viceportavoz do BNG denuncia a falta de prazas públicas e a dependencia de empresas privadas no sector da atención aos maiores.
  comenta   0
Pontón, que integra a afíns e dirixentes da UPG, a pesar das críticas deste partido na última semana, enfróntase a Noa Présas, de 'En Movemento' e o edil independente Gustavo Barcia, de 'Alicerce'. A líder nacionalista reivindicou este domingo o seu liderado á fronte dun BNG "máis forte" no "organizativo", o "social" e o "electoral" e avisou á militancia de que "non hai nada máis revolucionario que chegar ao goberno".
  comenta   0
Todos os grupos da oposición coincidiron en sinalar que, para fixar poboación no rural, a este tipo de medidas hai que engadir a dispoñibilidade de servizos públicos como o sanitario ou o educativo.
  comenta   1
A viceportavoz parlamentaria do BNG rexeitou pronunciarse sobre se ve posibilidades de chegar á asemblea cunha lista conxunta ou que integre ao Movimento Arredistas, no que se inscribe a tamén deputada Noa Presas.
  comenta   0
Os populares defenden a legalidade da lei de acompañamentos ante unha oposición que achaca cambios "antidemocráticos" a que a patronal eólica "tocou corneta".
  comenta   0
Farao para fixar o inicio dos seus traballos en base ao plan que o pasado venres aprobou o PP en solitario. En concreto, o PP quere que "canto antes" empecen as comparecencias, entre críticas do BNG por derívaa " antidemocrática" dos populares.
  comenta   0
A líder do Bloque, Ana Pontón, preguntará na sesión de control ao xefe do Executivo se ten previsto "tomar algunha medida eficaz" para solucionar "os problemas da sanidade pública", mentres que o seu homólogo socialista, José Ramón Gómez Besteiro, demandaralle medidas "reais" para favorecer o acceso á vivenda.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparecerá a petición propia no Parlamento de Galicia o vindeiro martes para informar o pleno das liñas estratéxicas dos Orzamentos da Xunta para 2025 e dos proxectos do seu Goberno para este mandato.
  comenta   0
A viceportavoz primeira do BNG, Olalla Rodil, rexistrou pola vía de urxencia unha pregunta sobre a actitude dun directivo da Radio Galega que, despois da presentación do informe do CCG sobre o impacto da implantación de Altri, "atreveuse a cuestionar que esta institución pública tivese lexitimidade para emitir un informe sobre un proxecto destas características".
  comenta   0
Así o confirmou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, que reivindicou que os veciños terán "totalmente garantida" a asistencia sanitaria este verán no centro de saúde de San Román, situado no centro do municipio.
Resolven as súas diferenzas sobre a lei galega de calidade alimentaria en comisión bilateral. O PPdeG avoga por retomar "en breve" a comisión especial de estudo no Parlamento autonómico sobre o financiamento de Galicia.
  comenta   0
O Parlamento de Galicia aprobou este xoves unha proposición non de lei coa que insta á Xunta a continuar impulsando un ecosistema de apoio ao emprendemento. A iniciativa, proposta polo grupo popular, non contou co apoio dos grupos do BNG e o PSdeG.
  comenta   0
O PP lamenta que non o trasladen aos grupos antes de comunicalo en rolda de prensa e o BNG empraza a coñecer o texto. Rueda teme polos galegos na Arxentina e urxe "desescalar" a tensión.
  comenta   0
O portavoz parlamentario do PP de Galicia, Alberto Pazos Couñago, censurou que a oposición demande a derrogación do decreto do plurilingüismo como condición para sumarse ao "pacto" pola lingua galega ofrecido polo conselleiro de Cultura, José López Campos, na última sesión plenaria da Cámara galega.
  comenta   0
A deputada do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación sanitaria que se vive en Negueira de Muñiz e na Fonsagrada, onde asegurou que os seus habitantes "perden calidade de vida" debido á falta de asistencia facultativa ordinaria en horario completo. A formación nacionalista presenta iniciativas ante o Parlamento.
O BNG cre que o "importante" nun goberno "non son" os nomes das áreas ou dos conselleiros, senón as decisións que toman, as políticas que van levar a cabo e se son en "beneficio" da "maioría da sociedade" ou "irán en contra dela". O PSdeG lamentou que segue habendo "maioría de homes e continúan algúns conselleiros que deberían de estar cesados".
  comenta   0