Previr a acumulación de residuos e alongar a vida de bens e servizos, liñas básicas do plan de economía circular

A estratexia de Medio Ambiente adapta as demandas europeas á "singularidade" de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2019 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

O traballo na "prevención de residuos" e en medidas que dean "longa vida aos bens e servizos" conforman as principais liñas de actuación que contempla o plan estratéxico galego para lograr unha economía circular galega.

Así o manifestou este mércores a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, antes de dar comezo ao Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sositble (Cogamad) no que se reúnen administracións e axentes sociais.

Alí presentouse o proxecto co que Galicia pretende potenciar a economía circular que demanda Europa e que Medio Ambiente traslada á "singularidade" do territorio para o próximos dez anos.

Vázquez destacou que este plan "supón un paso moi importante na forma de pensar e de actuar" de todas as partes implicadas, tanto para as empresas, como para a sociedade en xeral.

A idea é "dar longa vida aos servizos e os bens, desde o ámbito máis pequeno, unha lavadora, ata o empresarial". "Antes de tirar, pensar primeiro en reutilizar para lograr unha sociedade máis xusta" e que "o consumismo non sexa o primeiro" no que pensar, engadiu a conselleira.

Sobre o mesmo, tamén explicou que a estratexia foi elaborada polo tres universidades galegas, as institucións que traen de mánoa "investigación" para buscar "o ben dos galegos".

MONTE ALOIA

Por outra banda, Ángeles Vázquez abordou o segundo punto "transcendental" da reunión deste mércores: a presentación do novo marco normativo "de usos e xestións" do parque natural pontevedrés de Monte Aloia.

Explicou que este espazo conta agora cun novo plan para desenvolverse como "activo económico e de atracción" desde o punto de vista de "estudo científico e da biodiversidade". Desta maneira, Monte Aloia diversificará os seus usos para mellorar a preservación do parque a través de medidas específicas para ese espazo.

Reunion de Cogamad en Santiago. XUNTA
Reunion de Cogamad en Santiago. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta