Temas: ENCE

Caravana de transportistas cara a Madrid contra o peche de Ence en Pontevedra

Din que se usan "escusas de políticas ambientais que só responden a intereses ocultos".

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 01/11/2019 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

A Plataforma para a Defensa do Transporte de Madeira de Asturias e Galicia e UITA participarán nunha caravana de camións que partirá o mércores desde Begonte cara a Madrid, a través da A-6.

ENCE, na ría de Pontevedra
ENCE, na ría de Pontevedra | Fonte: juantiagues en Flickr.

O colectivo realizou un chamamento "a todos os transportistas de madeira en Ence Pontevedra e Navia Asturias" en defensa do mantemento da empresa.

A caravana protesta ten previsto pernoitar na contorna de San Vicente del Palacio, para poder chegar a Madrid o xoves sobre as 10.00 horas, onde se lerá un manifesto que poñerá fin á mobilización dos vehículos.

"O noso sector atópase en perigo por mor das pretensións dos distintos Gobernos de quenda. A súa intención de autorizar o peche da factoría de Ence en Pontevedra con escusas de políticas ambientais que só responden a intereses ocultos, destruirá postos de traballo directos e indirectos e xerará máis precariedade e depresión na zona".

Por iso, animaron a dicir "non ao peche de Ence Pontevedra" e a impedir "que se prexudique máis" o sector, "xa de seu moi castigado e afectado pola falta de atención das distintas administracións".

Temas: ENCE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo 2

Eu quero que Ence feche! Mudança fora da Galiza. Ence só poderia quedar aqui se completa o ciclo de producçao de papelna Galiza, para fazer pasta de papel contaminar, encher a nossa terra de eucapliptos, de dumes, que se mudem ao centro de Madrid (que alguém revise quem esta e quem estivo nos concelhos de administração) que é onde ficam os benefícios. Cita de Castelao ““A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila.”

1 ninguén quere pecharvos ence

só que cambiedes de sitio