Cabalos atados a árbores en "pésimas condicións" en Ponteceso

Os animais atopábanse sen refuxio nin auga.

Por Galicia Confidencial | Ponteceso | 01/11/2019 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

A asociación Libera! e a Fundación Franz  Weber denunciaron a presenza de dous cabalos atados a árbores en malas condicións nunha leira de Ponteceso (A Coruña), ambos sen refuxio nin auga.

Cabalos bravos no monte galego
Cabalos bravos no monte galego | Fonte: UDC.

Segundo aseguran, trátase do segundo caso en menos dun mes nos que "se localizan cabalos inmobilizados de forma continuada, sen cumprir coa normativa vixente de benestar animal e presumiblemente sen estar debidamente identificados con microchip, como obriga a lexislación".

Os  animalistas sinalan que estas prácticas "supoñen un sufrimento continuado aos cabalos", xa que limita os seus movementos de forma permanente e pode chegar a provocar danos psíquicos.

As ONG xa trasladaron o caso á Consellería do Medio Rural e lembraron que reclamaron nos últimos anos unha Lei de Protección Equina "que reúna todas as diferentes normas que se relacionan coa protección e benestar dos équidos da comunidade, e que agora están distribuídas en diferentes decretos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta