Gonzalo Caballero cre que estas eleccións poden supor "a antesala do fin de Feijóo"

Cre que o PSdeG liderará o cambio político en Galicia.

Por E.P. | A CORUÑA | 04/11/2019 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou que o PP "está a perder fol" en Galicia a medida que transcorre a campaña electoral polo que se mostrou convencido de que estas eleccións xerais poden supor "a antesala do fin de Feijóo".

"Cada vez son máis os galegos que saben que Pablo Casado non dá a talla e que canto máis fala Feijóo atacando ao Goberno máis galegos van ir a votar para defender o progreso e o avance de mans do PSOE", sentenciou tras un encontro con entidades sociosanitarias que contou coa presenza da ministra de Sanidade en funcións, María Luisa Carcedo.

"Cantas máis mentiras di Feijóo, máis impulso o PSOE e menos apoio o PP", asegurou Gonzalo Caballero para quen "as mentiras" do presidente da Xunta e dos populares galegos "cada vez cómpranas menos galegos".

Preguntado se os resultados que prognostican as enquisas nestas eleccións poderían extrapolarse ás autonómicas galegas para conformar unha coalición de esquerdas, Caballero incidiu na existencia en Galicia de "unha maioría de progreso social". "Se de aquí ao domingo hai unha mobilización social masiva, haberá maioría social progresista liderada polo PSdeG e abrirá un novo tempo político", expuxo, convencido de que se asentará nesta autonomía "a antesala do fin de Feijóo".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero | Fonte: PSdeG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Díxolle o sobriño ao tío... https://twitter.com/GamelaNova/stat...