Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/11/2019 | Actualizada ás 17:12
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apelou á "mediación" con R, ante as demandas dos traballadores de empresas auxiliares para buscar unha saída á deslocalización de servizos por parte do operador de telecomunicacións.
Tras unha reunión co sector TIC, xunto á candidata ao Congreso pola Coruña, Tristana Moraleja, e a presidenta do PP local da Coruña, Beatriz Mato, o conselleiro manifestou que a Xunta está "a intensificar o diálogo e a mediación" coa empresa.
"Traballando nese diálogo con sindicatos e empresa para trasladar os proxectos que R desenvolve en Galicia e que haxa un diálogo que permita salvar calquera tipo de diferenza que poida haber", expuxo.
Mentres, sobre a reunión celebrada co sector TIC, destacou que se trata dunha actividade "clave" para Galicia e para o seu tecido produtivo e remarcou a aposta da Administración autonómica a este respecto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.