Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 08/11/2019 | Actualizada ás 20:18
A CIG venceu nas eleccións sindicais celebradas nas fábricas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría e nas centrais hidroeléctricas ao obter o 51,15% dos votos, un 5% máis que no último proceso.
Deste xeito, a central nacionalista revalida o seis delegados de persoal que tiña no comité de empresa, integrado por 13 membros, segundo informa o propio sindicato.
As eleccións sindicais producíronse nun contexto de incerteza sobre a continuidade dos postos de traballo nas plantas despois da compra do fondo norteamericano TPG.
Así, a CIG avanza que reivindicar un plan de viabilidade para as plantas "é un obxectivo prioritario a curto prazo, porque para esixir melloras ten que haber fábricas e postos de traballo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.