O prezo medio do vehículo de ocasión sobe ata os 16.230 euros

Galicia, a terceira autonomía na que máis se incrementaron os prezos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/11/2019 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

O prezo medio do vehículo de ocasión situouse en 16.230 euros en Galicia no décimo mes do ano, o que significa unha subida do 2,4% respecto ao mes anterior, segundo os datos do portal 'Coches.net'.

No conxunto do Estado, o prezo medio alcanzou os 15.564 euros, o que representa unha subida do 0,7% en outubro. Ademais, neste mes vendéronse 265.430 coches de ocasión, un 22,4% máis que o mes anterior.

Os datos de 'Coches.net' indican, ademais, que o prezo medio de oferta do vehículo de ocasión subiu na maioría das comunidades autónomas durante o mes de outubro. Así, as alzas máis importantes producíronse en Bareales (4,5%), Asturias (3,8%) e Galicia (2,4%). Pola súa banda, os prezos baixaron en Cantabria (-1%), Castela e León (2,4%), Comunidade Valenciana (-0,3%), Estremadura (-1%), A Rioxa (-0,2%) e País Vasco (-1,1%).

Nas provincias galegas, aquelas que rexistran un prezo medio do vehículo de ocasión máis elevado son A Coruña (16.594 euros), Pontevedra (16.476 euros), Ourense (16.269 euros) e Lugo (14.414 euros).

Vendas de vehículos de ocasión na Rioxa. COCHES.NET - Arquivo
Vendas de vehículos de ocasión na Rioxa. COCHES.NET - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta