Un total de 23 máquinas quitaneves traballarán na limpeza das estradas na provincia de Ourense

Por E.P. | OURENSE | 18/11/2019 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Un total de 23 máquinas quitanives, dúas máis que o ano pasado, traballarán na limpeza das estradas na provincia de Ourense en situacións meteorolóxicas extremas para "reducir en todo o posible o número de tramos con restricións de tráfico" e "evitar as retencións de vehículos".

Diso informou a Subdelegación do Goberno en Ourense nun comunicado remitido aos medios con motivo da reunión da Comisión de coordinación provincial celebrada este luns. No encontro, no que se revisou e actualizado o protocolo de actuación na provincia, participou o subdelegado do Goberno, Emilio González.

O subdelegado destacou o "importante despregamento" de medios nesta campaña 2019-2020, para a que se atopan almacenadas 5.494 toneladas de sal.  Así mesmo, na provincia, cóntase con 13 estacións meteorolóxicas e con 17 cámaras repartidas polas estradas nacionais e nas autovías da provincia que permitirán coñecer de forma inmediata á situación do tráfico e ás condicións das estradas.

A estes medios, conforme sinalou a Subdelegación do Goberno, súmanse os despregados pola Xunta e pola Deputación de Ourense.

Máquina quitaneves na provincia de Lugo.. DEPUTACIÓN DE LUGO.
Máquina quitaneves na provincia de Lugo.. DEPUTACIÓN DE LUGO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta