A salgadura tradicional tivo o seu apoxeo en Galicia entre os séculos XVIII e XIX, especialmente impulsada polos comerciantes cataláns asentados na costa galega. A partir da segunda metade do século XIX e, sobre todo, a comezos do século XX, a salgadura comeza a perder protagonismo fronte á industria conserveira, moito máis rendible e moderna. Moitas fábricas de salgadura foron reconvertidas en conserveiras, como semella ser o caso de Punta do Castro.