Homenaxe a unha dos grandes helenistas galegos, Evaristo de Sela

Unha publicación recolle a vida e obra deste poeta e traductor.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2019 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este luns na presentación da publicación 'Homenaxe a Evaristo de Sela. Estudos e lembranzas sobre a vida e obra do helenista e poeta', editado por Xerais co apoio da Xunta e baixo a coordinación de Stella Maris González Balbuena, filla do autor, e de Xosé Abilleira Sanmartín.

García Gómez destacou na súa intervención a importancia deste "relevante helenista e latinista", que se ocupou da tradución ao galego de textos literarios en lingua grega, tanto clásica como moderna, e latina, faceta na que trouxo á lingua galega obras cume da literatura universal como a Ilíada e a Odisea.

Este labor, destacou o secretario xeral, buscaba o "enriquecemento do galego como sistema lingüístico e como ferramenta literaria" vinculada ás pezas clásicas, pondo, para iso, "todo a súa saber de filólogo e o seu bo facer artístico ao servizo desta causa".

Presentación da obra sobre Evaristo de Sela
Presentación da obra sobre Evaristo de Sela | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta