O río que provocou a morte dunha muller en Viveiro segue sen ser limpado tras a enchenta do pasado ano
A veciñanza atribuíu a inundación do barrio aos obstáculos no treito alto do río, malia que Augas de Galicia defendeu con insistencia que foron “chuvias que ocorren cada 500 anos” as que causaron o rebordamento do Fontecova.