Así mesmo, o temporal ocasionou problemas no servizo eléctrico en distintos puntos da comunidade, e afeccións en tráfico ferroviario e transporte de ría, aínda que a situación normalizouse
  comenta   0
"Seguramente Augas de Galicia pódeo facer mellor, pero seguramente os concellos tamén o poden facer mellor", di a conselleira Ángeles Vázquez sobre as queixas de veciños en Santiago.
  comenta   0
Dende o Galicia Confidencial falamos con Serafín Felpete, directivo da asociación Atreve e propietario de Talleres Base S.L., en Narón, que explica que no caso dos coches de Paiporta "a reparación podería ser de máis do dobre do que custa mercar un coche novo". Tamén nos fala de como é posible que o Mercedes antigo que se viralizou nas redes saíse funcionando do interior dun garaxe cuberto de barro.
  comenta   0
O Goberno galego analizou este luns, na súa reunión semanal e co transfondo dos efectos da DANA en Valencia, un informe que analiza as actuacións nas que traballa para previr alagamentos e que van desde pasos normativos a proxectos como crear áreas de inundación controladas en zonas urbanas.
  comenta   0
José Antonio Gigirey Amado forma parte do Grupo de Bombeiros de Santiago e forma parte do grupo de dez voluntarios que foron axudar nas tarefas de recuperación despois do desastre da DANA. No momento de falarmos con el viñan de Paiporta, a "zona cero" das inundacións, antes estiveran en Alfafar. Falamos brevemente con el para que nos explique cales son os traballos que realizan nesa zona e como distribúen as tarefas ademais de describirnos o estado en que ven á xente do lugar
  comenta   0
Complexos cálculos matemáticos e aplicación de Intelixencia Artificial para simular o fluxo de ríos, a previsión de inundacións e a xestión de recursos hídricos. Un traballo estuda dous ríos con alto risco de inundacións, o Anllóns e o río Groba, para analizar como actuar ante riscos de aumento de caudais.
  comenta   1
As áreas teoricamente inundables son espazos tentadores para a construción. A lexislación galega e outras toleran a edificación en áreas con risco de forte anagamento por choivas e rebordamento de ríos. Tamén se dan casos en áreas onde a marea pode subir superando os límites habituais e chegando a zonas antropizadas. A cuestión é por que existe esa tendencia a ocupar terreos que poden ser áreas con risco de inundación
  comenta   0
Houbo un tempo no que as borrascas non tiñan nome, pero causaban aínda máis estragos que cando llo puxeron. Dende o GC facemos un repaso polos maiores alagamentos en vilas galegas.
  comenta   0
Este encargo, que coincide no tempo coa xestión da catástrofe natural de Valencia pola 'DANA', enmárcase na actualización do plan de xestión de risco de inundacións, posto en marcha hai meses pola Xunta.
  comenta   0
O recén actualizado Inungal admite que a zona costeira de Galicia atópase moi urbanizada e, non en poucos casos, as construcións enturbaron os leitos dos ríos. Ademais, expón que aínda que as choivas sempre se caracterizaron pola súa mediana intensidade e persistencia no tempo, na última década constátase un incremento das cicloxéneses explosivas, con choivas e ventos moi fortes e de formación moi rápida.
  comenta   0
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior desactivou o Plan Especial para o risco de inundacións en Galicia (Inungal) ao observar unha mellora das condicións e que os caudais mostran un nivel de normalidade.
  comenta   0
O Concello de Neda, a través dun comunicado emitido este mércores, asegura que "ultima o estudo técnico coas propostas de actuación para acabar coas riadas" nesta zona.
  comenta   0
Desde o 112 Galicia lembran a necesidade de incrementar a precaución nas contornas de pontes ou torrentes, pois poden xurdir dificultades na circulación.
  comenta   0