O 061 traballa para difundir as técnicas de reanimación cardiopulmonar

Faino en colaboración coa Cruz Vermella e a Sociedad Española de Cardiología.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2019 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 traballará coa Cruz Vermella e a Sociedad Española de Cardiología para fomentar o coñecemento das técnicas de reanimación cardiopulmonar.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asinou este venres o acordo polo que o 061, Cruz Vermella e a Sociedade Española de Cardiología van colaborar no fomento da formación e resucitación cardiopulmonar e o incremento da capacitación no uso da desfibrilación automática.

Con esta firma, as tres entidades, explica a Consellería de Sanidade nun comunicado, acordan colaborar na promoción e difusión do coñecemento das técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP), con "atención especial ao incremento no número de DESA dispoñibles e de persoas capacitadas para usalos".

Para levar a cabo estas tarefas, indicou Sanidade, vanse a apoiar varios programas xa en funcionamento, entre os que destacou 'Acode e Axuda' da Consellería e o proxecto 'Ariadna' de Cruz Vermella e a Sociedad Española de Cardiología.

"PROBLEMA PRIORITARIO"

Sanidade lembra que a morte súbita por parada cardíaca representa un "problema prioritario" para a saúde pública. Así, indica que se calcula que en España se produce anualmente una cada 20 minutos aproximadamente.

"Cada minuto que pasa calcúlase que a supervivencia das persoas que sufriron unha parada cardíaca se reduce nun 10 por cento", destacou Sanidade, que engade que a maioría se producen en presenza de testemuñas.

Por iso, explica que a realización "precoz" de manobras de reanimación cardiopulmonar por testemuñas "alonga o tempo no que desfibrilación é efectiva" e demostrou "dobrar a supervivencia nos pacientes que padecen unha parada cardíaca extrahospitalaria".

A 061 firma un acordo para trabajarg con Cruz Vermella e a Sociedade Española de Cardiología para difundir as técnicas de reanimación cardiopulmonar.. SERGAS
A 061 firma un acordo para trabajarg con Cruz Vermella e a Sociedade Española de Cardiología para difundir as técnicas de reanimación cardiopulmonar.. SERGAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta